Loader

Cursos formativos

 

 

CURSO | Sistema APPCC e Prácticas Correctas de Hixiene

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, organiza entre os meses de novembro e decembro un curso de formación sobre «Sistema APPCC e Prácticas Correctas de Hixiene». Enmarcado na área de actividade de Industrias Alimentarias, facilitará ao seu alumnado coñecementos sobre o sistema de análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC) para que sexa capaz de contribuír á súa implantación, control e seguimento así como de aplicar as accións preventivas e/ou correctivas precisas para eliminar o risco ou reducilo a niveis aceptables.

Con inicio previsto para o día 10 de novembro, e de 60 horas totais, impartirase en modalidade de teleformación.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.

Destinado a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES. Máis info e programa descargable ao final desta entrada.

 

 

CURSO | Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pemes y Micropemes

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), coa financiación da Deputación Provincial de Lugo, organiza entre os meses de novembro e decembro un curso de formación sobre “Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pemes e Mecropemes”. Busca ofrecer ao alumnado unha formación especializada en materia de seguridade e saúde no traballo. Tras este curso, o alumno será capaz de desenvolverse e xestionar eficazmente a prevención de riscos laborais nunha pequena ou mediana empresa.

Con inicio previsto para o día 24 de novembro e 30 horas totais de formación, impartirase en modalidade de teleformación. As prazas son limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.

Máis información e programa descargable ao final desta entrada.

Destinado a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES.