CURSO | Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pemes e Micropemes
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), coa financiación da Deputación Provincial de Lugo, organiza entre os meses de novembro e decembro un curso de formación sobre “Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pemes e Mecropemes”. Busca ofrecer ao alumnado unha formación especializada en materia de seguridade e saúde no traballo. Tras este curso, o alumno será capaz de desenvolverse e xestionar eficazmente a prevención de riscos laborais nunha pequena ou mediana empresa.
Con inicio previsto para o día 24 de novembro e 30 horas totais de formación, impartirase en modalidade de teleformación. As prazas son limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.
Máis información e programa descargable ao final desta entrada.
Destinado a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES.